OS NENOS DO COLEXIO RAMÓN CABANILLAS DE SANTIAGO ESTIVERON RECOÑECENTO DIFERENTES ALIMENTOS UTILIZANDO OS SENTIDOS. ¡¡¡ QUE TRABALLO MAIS DIVERTIDO!!. A CONTINUACIÓN DÉIXOVOS ALGUNHAS IMAXES
Tags: CLUB GOURMET RAMÓN CABANILLAS, CLUB GOURMET RECOÑECENDO ALIMENTOS








Acude a Facebook
Agora entendo por qué levo unha semá cos ollos vendados adiviñando que cousas me traen
Bos días:
Alégranos moito saber que as iniciativas que se están a tomar nos comedores co club Gourmet, non só quedan dentro da aula, se non que os nenos tamén a aplican nas súas casas.Realmente é unha actividade moi divertida, xa que os nenos gozan aprendendo.Agradecemos o seu comentario, xa que desta forma, sabemos o interese que poden espertar nos nenos as actividades propostas.
GRACIAS
Pola parte que nos concerne aos monitores, dicir que foi unha grata experiencia ver como @s nen@s se implicaron e tod@os querían ser @s primeir@s en tapar os ollos e adiviñar que habería dentro daquela caixiña que tiña María entre as mans, xa que foi ela a encargada de preparar esta actividade, na que nos fixo partícipes a tod@s.
Houbo certas cousas que recoñeceron enseguida, tomate, allos, cebolas… e outras como a noz, a pataca… que lles custou un pouco máis. Ao igual que a leituga e o grelo, que non sabían cal era cal.
A nós tamén nos gusta oír que aplican na casa o que lles amosamos nese tempo que nos queda despois de comer, ata que os pasan a recoller, que nalgúns casos non é moito.
Tan só dicir que pola nosa parte, seguiremos traballando, na medida do posible, para ofertarlles distintas actividades lúdicas e ao mesmo tempo educativas! Saúdos