

Onte puxemos fin a 9 intensos días no Programa Municipal de Conciliación NADALXOGO 2011. Con moita alegría, entusiasmo, ganas,… e tamén algo de tristeza por que se acabe, tódolos nenos prepararon unhas actuacións para que os papás e todos os que quixeran puidesen ver o noso traballo.
E sabedes quen presentou toda a gala? O PAXE REAL, si, leestedes ben, foi un dos paxes reais quen estivo con nos durante todas as actuacións, e dous representantes de cada centro leváronlle as súas caixas de correos coas cartas que habíamos escrito a tódolos nenos.
Comezamos a gala cun mural dando a benvida a tódolos asistentes, que prepararon os nenos con moito esforzo onde se podía ler : BENVIDOS A UN NADAL PARA LEMBRAR!
De súpeto asaltou a gala un pequeno trasno, que os nenos xa coñecíamos, porque veu outro día a facer das súas … roubábanos as diademas, collíanos o material,… en fin que é un pouco traveso. O trasno avisaba ao Paxe de que algo ía pasar, cando apareceron uns saxofonistas, unhas bailarinas, e uns ladróns que querían roubar os regalos da árbore, pero pronto apareceu a policía que detivo a todos os ladróns.
PUBLICIDADE!!!
Pois si, a gala tamén tiña publicidade, pero feita tamén polos nenos, que representaron o anuncio de ¡HOLA SON EDU, FELIZ NADAL! e o famoso anuncio de ¡FREIXENET!
Continúa a gala coa representación dos máis pequenos que bailaron ao son de BLANCA NAVIDAD!!!! Coas mans brancas como se fosen copiños de neve.
Algo de teatro… tamén houbo unha representación teatral, na que uns ogros querían estragar o Nadal a un duendecillo, pero como vos podedes imaxinar iso non chegou a ocorrer.
De volta a publicidade, esta vez cos anuncios do CALVO DA LOTERÍA e as BONECAS DE FAMOSA.
Moita marcha tivo a seguinte actuación, onde os nenos se moveron ao ritmo de MI BURRITO SABANERO, que acompañaron con cunchas de vieiras e por maracas de propia creación.
E nestes días tamén aprendemos un pouquiño de cociña e os nenos quixeron compartir unha receita que aconsellamos a todos, é unha receita para UN NADAL PARA LEMBRAR…
100 GR de diversión
200 gr de alegría
500 gr de maxia
600 gr de amizade
250 gr de fantasía
E para finalizar a receita apareceu o gran CHEF, que bailou una canción con todos os nenos.
A cousa xa está rematando… así formamos filas e demos paso a actuación final, DEPORTES, que acompañados das súas raquetas, paus de béisbol, balón,… fixeron a coreografía de ROKY!
Pero isto non podía rematar sen a esperada visita…. O BURRIÑO DONKEY!!!! Que todos os nenos estaban a esperar e xuntos cantaron e bailaron a súa canción.
ESPERAMOS QUE VOS GUSTARA A TODOS!!
Esto non é unha despedida, é un hasta pronto.
FOI UN PRACER COMPARTIR ESTA EXPERIENCIA CON TODOS VOS!!!
¡FELICES REIS!
Tags: CLAUSURA nadalxogo

Como xa todos sabedes, hoxe clausuramos as actividades do PROGRAMA MUNICIPAL DE CONCILIACIÓN NADALXOGO 2011 cunha GRAN GALA FINAL á que estades invitadas todas as familias. Esta Gala dará comezo ás 12.00 horas coas actuacións que os nenos e nenas foron preparando ó longo destes días acompañados polos diferentes personaxes que nos visitaron, e como non a mascota das actividades Donky. As actuacións rematarán sobre as 13.00 horas.
Recordámosvos que ós nenos/as deben traer zapatillas deportivas, xa que a Gala terá lugar no pavillón e o pavimento esixe o uso deste tipo de calzado.
ESPERÁMOSVOS A TODOS MAÑÁN AS 12.00 H. NO CEIP PÍO XII!!!

O mércores 28 tivemos unha saída á praza do obradoiro na que nos visitaron e presenciamos a actuación dos diferentes personaxes que nos están visitando nas actividades do PROGRAMA NADALXOGO 2011, O CARTEIRO REAL, UN DIVERTIDO TRASNO, O GRAN CHEFF, AS MAMÁ NOEL E COMO NON A NOSA MASCOTA, DONKEY, co que cantamos e bailamos. E para rematar o día, uniuse ó grupo o alcalde e o concelleiro de educación, ós que agasallamos cunhas galletas que preparamos no obradoiro de cociña. Queremos agradecerlle especialmente a súa implicación e participación con nos ese día.
¡¡¡MOITAS GRAZAS!!!
Tags: nadalxogo, saísa ó obradoiro
C/Garcia Barbon,36 3 Pta. 2-36201 Vigo. Ver mapa
TEL. 886.125.998 - 607.582.719
FAX 886.126.623
actex@actex.es